o festival

entradas

  – menores de idade

feira 13R

cata 13R

a asociación

patrocinadores

contacto

Menores de idade

Menores de idade

Menores de idade

Segundo o que recolle o Real Decreto 2816/1982, e da Lei do Parlamento de Galicia 11/2010, a Organización do Trece Roeis Fest estabelece as seguintes normas de acceso para menores de idade.

 

Entradas

As/os menores de idade comprendida dende 0 a 12 anos (ambas incluídas) accederán ao recinto de xeito gratuíto.

As/os menores de idade de 13 a 17 anos (ambas incluídas) deberán adquirir unha entrada de persoa adulta.

Condicións de acceso

Na entrada recibirán unha pulseira cunha cor diferente.

Toda/o menor de 16 anos de idade que vaia a acceder debe ir acompañado do/a titor/a. Ao acceder ao recinto de concertos poderáselle requirir as/os proxenitores ou titores que mostren o documento orixinal do seu DNI e o DNI do menor, dar un número de teléfono de contacto e asinar un documento de autorización e de aceptación de responsabilidade que poden descargar previamente aquí. Se o acompañante non é un titor/a legal, deberá mostrar tamén unha fotocopia do DNI dun proxenitor ou titor/a do menor, achegar a autorización de asistencia asinada por parte dalgún dos anteriormente citados e ensinar o DNI do menor.

As/os menores de entre 16 e 17 anos poden acceder ao recinto de concertos sen a compañía dun adulto pero deben ensinar igualmente, antes de acceder ao recinto, o seu DNI, unha fotocopia do do seu proxenitor ou titor e unha autorización asinada por este último. Na autorización, da que podedes descargar un modelo aquí, a/o proxenitor/a ou titor/a autoriza a entrada ao recinto de concertos.

En cumprimento da normativa vixente, a organización establece as seguintes normas xerais para as e os menores de idade dentro do recinto de concertos

Tódalas/os menores de idade deberán entregar a autorización de menores para acceder ao recinto de concertos.

Toda/o menor que non se atope baixo a autorización, supervisión ou cargo dunha persoa adulta, maior de idade, será expulsada do recinto, previa posta en coñecemento das autoridades competentes.

Está prohibida a venda de alcol a menores. Se dende a organización se detecta algunha mala práctica dalgún/ha menor neste aspecto, porase en contacto coas autoridades competentes e tamén será desaloxado do recinto.

A organización do evento poderá denegar o acceso ou ben expulsar do recinto a quen incumpra as presentes Condicións Xerais de Uso

A quen desatenda as indicacións do persoal da organización e de seguridade e a quen provoque unha situación de risco para si mesmo ou para as outras persoas asistentes ao evento: manifestando actitudes violentas, portando drogas ou mostrando síntomas de consumilas, atopándose en estado de intoxicación aparente ou potencial, dificultando o desenvolvemento normal do evento, introducíndose en espazos de acceso restrinxido pola Organización, etc, responsabilizándose persoalmente ao portador/a, en todos os casos, polas súas propias accións e omisións cando estas provoquen lesións a terceiros ou danos materiais.

Todo intento de estafa, violación, subtracción, roubo, así como os danos á propiedade persoal causados directa ou indirectamente á Organización, artistas ou empregados da mesma autorizan a esta a emprender as medidas legais, tanto civís como penais, que estime oportunas contra os causantes.