O Trece Roeis Fest é unha aposta por compartir os tesouros da súa contorna.

Vive a experiencia Trece Roeis ao completo e participa na nosa Cata 13R que inclúe un obradoiro sensorial previo da man de David Pascual (Presidente da Asociación Galega de Enoloxía, WSET3 e formador en Galicia Wine Academy).

«Os participantes terán que empregar os sentidos do olfato para mergullarse nos aromas da Ribeira Sacra»

Hora de inicio 16:00

– Obradoiro sensorial – Aromas da Ribeira Sacra

– Cata 13R – viños da Ribeira Sacra

– Rectoral de Amandi – Mencía

– Pasal de Esile – Godello

– Manolo Arnoya – Mencía Barrica

– Regina Viarum – Mencía

– Regina Viarum – Godello

– Regina Viarum – Rosado

Faite coa entrada á cata e ao obradoiro sensorial: prezo de reserva 10€ que será devolto coa asistencia á cata e obradoiro, para consumir nos puntos de consumición do festival durante os días 20 e 21 de xuño.

Dispoñibles ata completar aforo (máximo 30 persoas)