o festival

entradas

entradas

cata 13R

asociación

batalla 13R

patrocinadores

contacto

Batalla 13R

SÁBADO 3 XULLO

Despois da primeira edición de 2019 e das críticas positivas recibidas tanto polo público coma polos grupos e xurado, estamos todavía máis convencidas/os de que será un festival con moita repercusión cada ano que pase debido o seu formato. Con esta actividade queremos apostar polos grupos máis humildes e darlles a posibilidade de que teñan neste certame unha posibilidade de darse a conocer e mostrar que as gaiteiras, os tamborileiros ou as cantareiras seguen moi vivas no noso país. Esa mistura de xéneros faino tan singular que fai que sexa un concurso único en Galicia, xa que podemos ver bandas que van dende o folk, rap, metal, rock, heavy, hip-hop, etc…todo ten cabida, só baixo a premisa de cantar en galego. Na edición do primeiro ano xa puidemos disfrutar desa variedade, sendo cada un dos finalistas dun xénero distinto (Folk, Rock, Metal e Popular). Serán de novo 8-10 bandas as que non nos deixarán parar de brincar e bailar todo o día.

Bases da Batalla 13R 2023

 

A Batalla 13R celébrase o 3 de Xuño de 2023, co fin de promover, impulsar e difundir a música independente galega i en galego de calquer estilo, onde destaque a orixinalidade, innovación e fusión dos temas. Está organizado pola Asociación Cultural “Os Trece Roeis” e está dividido en 2 fases:

PRIMEIRA FASE (Fase de inscrición)

As inscricións levaranse a cabo dende o día 3 de abril do 2023 ó 7 de maio do 2023.

Nesta fase realizarase unha selección de 7 bandas/grupos según o criterio do noso xurado profesional. Os seleccionados publicaranse nas redes sociais do Trece Roeis Fest (Facebook, Instagram e Twitter) o día 15 de maio de 2023.

FASE FINAL

A orde de actuación elixirase mediante sorteo, o cal se celebrará previamente. Dito sorteo e a orde de actuación colgarase nas redes sociais. A organización porase en contacto con anterioridade coas formacións para confirmar asistencia e disponibilidade horaria.

Os concertos comezarán non antes das 19:30h, dispoñendo cada grupo dunha actuación de 30 minutos.

O gañador da Batalla 13R e o segundo clasificado daranse a coñecer ese mesmo día, despois do veredito do xurado (ver bases).

*O fallo do xurado será inapelable.

BASES

1. Poderán participar tódol@s artistas/bandas/grupos que o desexen independentemente do seu estilo (rock, folk, rap, fusión, metal, indie…)

2.  Este concurso terá ámbito peninsular, podendo participar tódolos grupos que desenrolen a súa carreira musical en calquer lugar da península.

3.  Os grupos estarán compostos por un máximo de 6 integrantes. En caso de ser máis, porse en contacto coa organización para estudiar o caso particular.

4.  Valoraranse positivamente os temas ou cancións orixinais de creación propia. Asimesmo poderanse presentar grupos con cancións versionadas. Neste caso valorarase a orixinalidade na adaptación do tema ao estilo proposto de cada grupo.

5.  As cancións deberán ser TODAS no idioma galego (permítese que sexan só instrumentais, tendo presente o punto 4).

6.  Documentación a cubrir na nosa páxina web (www.treceroeisfest.com) para participar no concurso (cubrir formulario):

  • NOME DO GRUPO e NÚMERO DE COMPONENTES
  •  LOCALIDADE e PROVINCIA
  •  ENDEREZO ELECTRÓNICO e TELÉFONO DE CONTACTO
  •  NOME e DNI de tódol@s integrantes do grupo. No caso de ser menores adxuntarase unha autorización por parte da nai, pai ou titor/a legal.
  •  TRES TEMAS ou cancións nun arquivo de audio formato MP3. Cada arquivo terá que estar nomeado co título da canción.
  •  DOSSIER (opcional) e FOTO ACTUALIZADA da formación.
  •  RIDER do grupo.

**Antes de finalizar a data de inscrición a organización porase en contacto con cada grupo, confirmando que a solicitude foi enviada correctamente. No caso de que isto non sucedese poñédevos en contacto de novo para detectar o erro.

7.  Xurado e veredito:

Xurado profesional: Estará composto por técnic@s, promotor@s, profesor@s ou artistas do panorama musical. Valorarán a orixinalidade dos temas e a calidade técnica da actuación.

Na fase final, dito xurado fará unha valoración da actuación do 6 ó 12, sacando unha media entre tódol@s componentes. Repartiranse as seguintes puntuacións de máis a menos valoración:

1.º +12; 2.º +10; 3.º +8; 4.º +6

8.  Premios

O gañador final terá dereito a:

  • GRAVACIÓN de UN “VIDEOCLIP” en EXTERIORES sobre un tema (1 día enteiro de gravación). Productora Audiovisual Trece Amarillo.
  • Tocar no TRECE ROEIS FEST 2024 e … 2024* en condicións de contratación directa. Pagarase o caché da banda e os gastos de “hospitality” (non inclúe hospedaxe).
    • Caché: 700€ + IVA.
  • Mini-xira en salas, quedando o beneficio da entrada ao 100% para a banda/artista(s). O custo da entrada será marcada polo mesmo grupo en consonancia coa sala. Non se paga cachés nin hai outro método de pago, salvo as entradas antes mencionadas. As datas das actuacións marcaranse entre a banda e as salas, segundo a súa dispoñibilidade.

      As salas serían as seguintes:

      • SALA CAFÉ CULTURAL AURIENSE (OURENSE)
      • SALA LA FÁBRICA DE CHOCOLATE CLUB (VIGO)
      • SALA CLUB CLAVICÉMBALO (LUGO)

      *Posbilidade de que entre unha sala en Santiago.

    O segundo clasificado terá dereito a:

    • ESTANCIA de DÚAS noites en APARTAMENTO(S) TURÍSTICO(S) para toda a banda na RIBEIRA SACRA.
    • ACTIVIDADE de entretenemento para disfrutar entre tod@s @s integrantes do grupo.
    • VISITA GUIADA nunha das BODEGAS PATROCINADORA do Trece Roeis Fest 2022.

    *O premio non será canxeado polo seu valor económico.

    **@s participantes terán que renunciar a cobrar dereitos de autor pola actuación. A xestión e pago dos dereitos de autor trala gravación do “videoclip”, si se dese o caso, correrá a cargo do grupo.

    9.  Concurso

    A organización resérvase o dereito a realizar os cambios que considere convintes por motivos xustificados, así coma declarar deserto calquer premio, si o cre oportuno.

    Os grupos deberán dispor de instrumental propio e o backline completo para o concerto.

    A organización só aportará o equipo de iluminación e son. Ademais dunha batería (a usar por tódolos grupos), tres amplificadores e os monitores necesarios (mínimo 2). Tamén correrá a cargo da organización os técnicos de son e iluminación.

    No caso de que algún grupo necesitase máis material ou material máis específico terá que ser aprobado pola organización previamente.

    A organización resérvase o seu dereito de expulsar a un participante se a súa conducta durante o evento é considerada perxudicial para a imaxe do concurso ou no caso de que a organización sospeite que consegue os votos de maneira irregular ou ilícita.

    A organización resérvase o dereito de expulsar a un participante no caso de que toque en máis de 2 bandas, así coma ao(s) grupo(s) que se vexan afectado(s).

    Todo grupo clasificado para a segunda fase e que confirmara a súa asistencia a batalla de grupos e que por causas non xustificadas non asista, quedará excluido durante as seguintes 3 edicións para participar en calquer evento organizado pola mesma asociación.

    A organización non se fai cargo do desplazamento, estancia ou demáis gastos derivados nin dos compoñentes do grupo, nin dos seus acompañantes.

    A organización reserva o direito de modificar calquer punto destas bases, previa xustificación.

    A participación neste concurso implica a aceptación da totalidade das bases.