o festival

– acampada

– edicones anteriores

batalla de grupos

feira 13R

asociación

contacto

Acampada

O Trece Roeis Fest 2022 ofrece a tódalas persoas asistentes ao festival zonas de acampada de balde (ata cubrir aforo) que contará con servizos básicos de WC e duchas que están no pavillón polideportivo, na mesma ubicación.

A(s) zona(s) de acampada abrirá(n) o xoves 17 de agosto ás 16h00 e pechará(n) o martes 23 de agosto ás 12h00.

A acampada está a 500 metros da ubicación do “Escenario Vibra Mahou”, da “Feira 13R”, de parte dos “Concertos 13R” e da zona gastronómica.

Para que poidamos ter unha previsión aproximada, agradecémosvos que se tedes pensado acampar, cubrades o seguinte formulario:

    *No caso de que o requerise a situación habilitaríanse máis espazos.

    UBICACIÓN ZONA 1: 42°30’19.0″N 7°38’08.4″W

    https://goo.gl/maps/ZwdiVN9bnGyubiGu7

    NORMAS DA ACAMPADA
    • Prohíbese a venda ambulante en todo o recinto habilitado para a acampada.

    • Prohíbese acceder á zona de acampadacon calquera utensilio ou máquina que poida xerar ou producir riscos de convivencia. A estes efectos considérase maquinaria perigosa, nociva ou molesta as seguintes que se enuncian:
    • Xeradores
    • Planchas de cocina
    • Neveiras
    • Cociñas a gas
    • Bombobas de gas
    • Aparatos de música potentes, altavoces, platos de tocadiscos, amplificadores, pletinas, baterías ou similares.
    • Queda prohibido abandonar ou tirar, fóra dos puntos do lixo, os envases e restos de bebidas e demais recipientes utilizados durante a acampada.
    • A zona de acampadanon conta con servizo de seguridade e vixilancia. A organización non se fai responsable polas perdas, danos ou roubos de pertenzas persoais que se poidan producir en dita zona.

      TELÉFONOS DE INTERESE:
      Garda Civil Ferreira – (982) 45 60 53
      Emerxencias: 112