Feira 13R
21 de Xuño
A Feira 13R trae o 21 de Xuño un mercado de artesanía galega, onde as distintas artesás/áns chegadas de todo o territorio galego poderán expoñer e vender os seus produtos.
Para a selección tense en conta a orde de reserva, que se producirá unha vez que a organización dea a conformidade a documentación presentada así coma o posterior ingreso da fianza na entidade bancaria.
Bases Feira 13R 2025
UBICACIÓN
A feira de artesanía 13R celébrase o 21 de xuño de 2025 no parque da Feira de Ferreira de Pantón.
DATA
21 de Xuño
DESCRICIÓN
É un mercado de artesanía galega, onde as distintas artesás/áns chegadas de todo o territorio galego poderán expoñer e vender os seus produtos.
Para a selección tense en conta a orde de reserva, que se producirá unha vez que a organización dea a conformidade a documentación presentada así coma o posterior ingreso da fianza na entidade bancaria.
(Ver bases).
BASES
1.- A participación na Feira 13R ten un custo de 20€, que servirá de reserva, a cal será devolta.
2.- Queda totalmente prohibida a revenda de productos que non sexan de fabricación propia.
3.- O posto de venda e exposición corre a cargo da artesá/án (mobiliario), así coma da súa decoración.
4.- Cada posto non deberá ocupar máis de 3m x 2m.
5.- A artesá/án terá que estar presente durante a feira.
6.- Os horarios da Feira13R serán: – Sábado, día 21 de Xuño de 12 .00 – 18h00. 7.– A organización non se fai responsable da situación fiscal e das obrigas legais que teña cada artesá/án. Todo queda baixo criterio e responsabilidade da artesá/án.
8.- Cada artesá/án asume e respetará as normas de convivencia para que a feira de artesanía transcorra de maneira afable entre todas/os as/os integrantes que participen nela. No caso de observar algunha conducta non apropiada dalgún/ha participante ou surxir algún problema, comunicarase de inmediato a organización para tentar solucionalo a maior brevidade posible.
9.- A organización resérvase o seu dereito de expulsar a un/unha artesán/á se a súa conducta durante a feira é considerada perxudicial para a imaxe do evento ou no caso de que a organización sospeite que está vendendo de maneira irregular ou ilícita.
10.- A organización non se fai cargo de desplazamentos, estancias, nin gastos derivados ocasionados pola participación na feira.
11.- Para realizar a reserva será necesario ingresar unha fianza de 20€ (ver reserva de praza e punto 1 destas bases). Este pago será devolto. No caso de non vir á feira, e non ser por causa xustificada e avisado con antelación (enfermidade, accidente, etc…), a cuota non será devolta.
12.- Documentación a enviar para participar na Feira 13R (cubrir ficha de inscripción na páxina web ( https://treceroeisfest.com/feira-13r ):
– NOME E APELIDOS
– DIRECCIÓN
– ENDEREZO ELECTRÓNICO e TELÉFONO DE CONTACTO
– NOME DO OBRADOIRO
– PÁXINA WEB / FACEBOOK
– LISTADO DE PRODUTOS
*Dita documentación mandarase por email a feira13r@gmail.com nunha carpeta comprimida (NOME_DO_OBRADOIRO.zip), poñendo no asunto do correo “FEIRA13R – NOME_DO_OBRADOIRO”
13.- A organización tratará de velar pola calidade e orixinalidade da feira
14.- A organización buscará que os postos non estean repetidos, para así garantir a exclusividade de cada posto, sempre baixo uns parámetros de coherencia, xa que pode que nalgún caso sí poida coincidir algún produto dentro dos 4 ou 5 que poida presentar cada artesá/án.
15.- A organización resérvase o dereito para expulsar a calqueira artesá/án que non cumpra con calqueira dos puntos anteriores.
RESERVA DE PRAZA
Envío de documentación: Ver bases. Punto 14.
A organización aceptará e comunicará se o proceso de reserva segue adiante, segundo o estipulado nas bases
Ingreso da fianza por valor de 20€ no n.º de conta seguinte:
ES29 2080 0116 5930 4000 5196
Concepto: Feira 13R – Nome_do_obradoiro
Este importe será devolto tal e como especifican as bases.
A organización comunicará nun prazo de 7 días naturais, desde o ingreso, que o proceso de reserva se realizou correctamente. No caso de que non fose así, enviar o recibo de pago ao correo feira13r@gmail.com.
INSCRICIÓN FEIRA 2025
Se hai algún problema co envío a través do formulario, podedes descargar a ficha de inscrición dende aquí e envialo por email a feira13r@gmail.com.