
Asociación Cultural Os Trece Roeis
A Asociación Cultural Os Trece Roeis é unha asociación sen ánimo de lucro que xorde en setembro do 2018 nun contexto de despoboamento e recesión ao que se ve sometido o rural galego e en concreto o sur lucense, para protexer a nosa cultura e dinamizar a vida social e económica da zona.
Un dos nosos obxectivos é colaborar na creación dun turismo sostible e de calidade a través da nosa cultura porque temos o convencemento de que é o vehículo perfecto para dar cumprimento aos obxectivos da asociación: protexer a nosa cultura ao tempo que serve de reclamo para a dinamización da Ribeira Sacra.
Que queremos?
- Preservar, fomentar e difundir a cultura galega en todas as súas derivadas: a lingua, a música, o patrimonio, a literatura, os valores, as súas xentes, o entorno ou a gastronomía, entre outras.
- Dinamizar e poñer en valor a Ribeira Sacara e o concello de Pantón como parte dela.
- Ter presente en todas as accións que se fomentan os valores de educación e convivencia en igualdade.
Nesta busca, a Asociación organiza diversas actividades durante o ano: encontros de confraternización, conferencias, exposicións, obradoiros ou concertos.
Gran parte delas dentro do programa do Trece Roeis Fest, que é un formato festival multiespazo e con diversidade de actividades culturais que van máis alá dun escenario de concertos.