Condicións Xerais
1. CONDICIÓNS XERAIS DO CONTRATO POLO QUE SE ADQUIRE A ENTRADA
1. ACEPTACIÓN DO CONTRATO
A compra dunha entrada para o 13 Roeis Fest constitúe un contrato entre a persoa compradora e a organización do evento, e implica a aceptación total das presentes Condicións Xerais. Este contrato é nominativo e dá dereito ao acceso ao recinto do festival nos días escollidos (20 e/ou 21 de xuño de 2025), así como á zona de acampada no caso de que se adquira o suplemento correspondente.
2. ENTRADAS E IDENTIFICACIÓN
-
As entradas son nominais e intransferibles. No proceso de compra será obrigatorio facilitar os datos das persoas asistentes.
-
A entrada debe ser trocada por unha pulseira cashless no punto habilitado para iso. A pulseira será o único acceso válido ao recinto e método de pago dentro do festival.
-
Non se aceptarán entradas adquiridas fóra das canles oficiais (https://entradas.treceroeisfest.com/es/trece-roeis-fest/trece-roeis-fest-2025-venres-20-e-sabado-21/). Entradas duplicadas, danadas ou falsificadas invalidarán o acceso.
-
Poderase solicitar DNI ou pasaporte para verificar a identidade á entrada do recinto.
3. POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS E CANCELACIÓNS
-
Non se admiten devolucións nin cambios de entradas.
-
Só no caso de cancelación total do evento, devolverase o importe da entrada (non así os gastos de xestión).
-
A organización poderá modificar o cartel, horarios ou actividades sen obrigación de reembolso.
4. ACCESO E SEGURIDADE
-
A organización resérvase o dereito de admisión segundo a lexislación vixente.
-
Realizaranse controis de seguridade á entrada. Non se permitirá acceder con:
-
Armas ou obxectos perigosos.
-
Paraugas con punta, envases de cristal, metal ou plástico duro.
-
Comida sen declaración responsable asinada (descargable na web).
-
Bebidas en envases non autorizados (só botellas de plástico brando de 0,5 L precintadas).
-
5. ZONA DE ACAMPADA
O acceso á zona de acampada está reservado para persoas que adquirisen especificamente a entrada con suplemento correspondente. A pulseira cashless será tamén o acceso válido a esta zona.
6. ACCESO DE MENORES
-
Menores de 0 a 12 anos: entrada gratuíta.
-
Menores de 13 a 17 anos: deben adquirir entrada xeral.
-
Os menores deben asistir sempre acompañados dunha persoa adulta responsable e cumprir as normas de comportamento do evento.
7. RESPONSABILIDADES E COMPORTAMENTO
-
A organización poderá expulsar do recinto a persoas que incumpran as normas ou poñan en risco a seguridade ou a convivencia.
-
A perda ou manipulación da pulseira invalidará o acceso sen posibilidade de reposición.
-
Non se aceptarán condutas violentas, consumo de drogas ou acceso a zonas restrinxidas.
8. DEREITOS DE IMAXE E PROPIEDADE INTELECTUAL
-
A asistencia ao festival implica a aceptación da posibilidade de ser gravado/a ou fotografado/a con fins promocionais ou comerciais.
-
Non se permite o uso da entrada para fins publicitarios ou promocionais sen autorización expresa.
-
O acceso con cámaras profesionais require acreditación previa do equipo de comunicación.
9. PROTECCIÓN DE DATOS
Os datos persoais recollidos durante o proceso de compra serán tratados pola Organización conforme ao Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD). A finalidade é exclusivamente a xestión do evento e das persoas asistentes.
10. MODIFICACIÓNS DAS CONDICIÓNS
A Organización poderá modificar estas condicións, que estarán sempre publicadas na web oficial. Será responsabilidade da persoa usuaria consultalas antes da compra e do acceso ao recinto.
