o festival

batalla de grupos

feira 13R

asociación

contacto

Batalla de grupos

SÁBADO 16 XULLO

Despois da primeira edición de 2019 e das críticas positivas recibidas tanto polo público coma polos grupos e xurado, estamos todavía máis convencidas/os de que será un festival con moita repercusión cada ano que pase debido o seu formato. Con esta actividade queremos apostar polos grupos máis humildes e darlles a posibilidade de que teñan neste certame unha posibilidade de darse a conocer e mostrar que as gaiteiras, os tamborileiros ou as cantareiras seguen moi vivas no noso país. Esa mistura de xéneros faino tan singular que fai que sexa un concurso único en Galicia, xa que podemos ver bandas que van dende o folk, rap, metal, rock, heavy, hip-hop, etc…todo ten cabida, só baixo a premisa de cantar en galego. Na edición do primeiro ano xa puidemos disfrutar desa variedade, sendo cada un dos finalistas dun xénero distinto (Folk, Rock, Metal e Popular). Serán de novo 8-10 bandas as que non nos deixarán parar de brincar e bailar todo o día.

Bases da Batalla de grupos Trece Roeis 2022

 

A batalla de grupos TRECE ROEIS celebrarase o 16 de Xullo de 2022, co fin de promover, impulsar e difundir a música independente galega e en galego de calquer estilo, onde destaque a orixinalidade, innovación e fusión dos temas. Está organizado pola Asociación Cultural “Os Trece Roeis” e está dividido en 2 fases:

PRIMEIRA FASE (Fase de inscrición)

As inscricións levaranse a cabo dende o día 11 de abril do 2022 ó 23 de maio do 2022.

Nesta fase realizarase unha seleción de 8 bandas/grupos según o criterio do noso xurado profesional. Os selecionados publicaranse nas redes sociais do Trece Roeis Fest (Facebook, Instagram e Twitter) o día 3 de xuño de 2022.

FASE FINAL

A orde de actuación elixirase mediante sorteo, o cal se celebrará previamente. Dito sorteo e a orde de actuación colgarase tanto nas redes sociais. A organización porase en contacto con anterioridade coas formacións para confirmar asistencia e disponibilidade horaria.

Os concertos comezarán ás 15:30h, dispoñendo cada grupo dunha actuación de 30 minutos.

O gañador da Batalla de grupos TRECE ROEIS e o segundo e terceiro clasificado daranse a coñecer ese mesmo día, despois do veredito do xurado (ver bases).

*O fallo do xurado será inapelable.

BASES

1.- Poderán participar tódol@s artistas/bandas/grupos que o desexen independentemente do seu estilo (rock, folk, rap, fusión, metal, indie…)

2.- Este concurso terá ámbito peninsular, podendo participar tódolos grupos que desenrolen a súa carreira musical en calquer lugar da península.

3.- Os grupos estarán compostos por un máximo de 6 integrantes. En caso de ser máis, porse en contacto coa organización para estudiar o caso particular.

4.-Valoraranse positivamente os temas ou cancións orixinais de creación propia. Asimesmo poderanse presentar grupos con cancións versionadas. Neste caso valorarase a orixinalidade na adaptación do tema ao estilo proposto de cada grupo.

5.- Se hai letra nas cancións deberase empregar o idioma galego.

6.- Documentación a cubrir na nosa páxina web (www.treceroeisfest.com) para participar no concurso (cubrir formulario):

    • NOME DO GRUPO e NÚMERO DE COMPONENTES
    • LOCALIDADE e PROVINCIA
    • ENDEREZO ELECTRÓNICO e TELÉFONO DE CONTACTO
    • NOME e DNI de tódol@s integrantes do grupo. No caso de ser menores adxuntarase unha autorización por parte da nai, pai ou titor/a legal.
    • TRES TEMAS ou cancións nun arquivo de audio formato MP3. Cada arquivo terá que estar nomeado co título da canción.
    • DOSSIER (opcional) e FOTO ACTUALIZADA da formación.
    • RIDER do grupo.

**Antes de finalizar a data de inscrición a organización porase en contacto con cada grupo, confirmando que a solicitude foi enviada correctamente. No caso de que isto non sucedese poñédevos en contacto de novo para detectar o erro.

7.- Xurado: Popular e profesional

    • Xurado profesional: Estará composto por técnic@s, promotor@s, profesor@s ou artistas do panorama musical. Valorarán a orixinalidade dos temas e a calidade técnica da actuación.

Na fase final, dito xurado fará unha valoración da actuación do 6 ó 12, sacando unha media entre tódol@s componentes. Repartiranse as seguintes puntuacións de máis a menos valoración:

1.º +12; 2.º +10; 3.º +8; 4.º +6

8.- Premios:

O gañador final terá dereito a:

    • GRAVACIÓN de UN tema en estudio para facer o VIDEOCLIP.
    • GRAVACIÓN de UN “VIDEOCLIP” en EXTERIORES sobre un tema (1 día enteiro de gravación). Productora Audiovisual Trece Amarillo (Gañadora do Mestre Mateo 2022 polo seu traballo FIGA (Tanxugueiras).
    • Tocar no escenario principal do TRECE ROEIS FEST 2023 en condicións de contratación directa. Pagarase o caché da banda e os gastos de “hospitality” (non inclúe hospedaxe).

* Caché: 600€ + IVA.

    • Visita guiada a unha BODEGA PATROCINADORA do Trece Roeis Fest 2022.

O segundo clasificado terá dereito a:

    • ESTANCIA de DÚAS noites en APARTAMENTO(S) TURÍSTICO(S) para toda a banda na RIBEIRA SACRA.
    • ACTIVIDADE de entretenemento para disfrutar entre tod@s @s integrantes do grupo.
    • VISITA GUIADA nunha das BODEGAS PATROCINADORA do Trece Roeis Fest 2022.

O terceiro clasificado terá dereito a:

    • VISITA GUIADA nunha das BODEGAS PATROCINADORA do Trece Roeis Fest 2022.
    • Lote de 5 LIBROS relacionados coa RIBEIRA SACRA e 4 CDs de artistas galegos.

*O premio non será canxeado polo seu valor económico.

**@s participantes terán que renunciar a cobrar dereitos de autor pola actuación. A xestión e pago dos dereitos de autor trala gravación do “videoclip”, si se dese o caso, correrá a cargo do grupo.

9.- Concurso

A organización resérvase o dereito a realizar os cambios que considere convintes por motivos xustificados, así coma declarar deserto calquer premio, si o cre oportuno.

Os grupos deberán dispor de instrumental propio e o backline completo para o concerto.

A organización só aportará o equipo de iluminación e son. Ademais dunha batería (a usar por tódolos grupos), tres amplificadores e os monitores necesarios (mínimo 2). Tamén correrá a cargo da organización os técnicos de son e iluminación.

No caso de que algún grupo necesitase máis material ou material máis específico terá que ser aprobado pola organización previamente.

A organización resérvase o seu dereito de expulsar a un participante se a súa conducta durante o evento é considerada perxudicial para a imaxe do concurso ou no caso de que a organización sospeite que consegue os votos de maneira irregular ou ilícita.

A organización resérvase o dereito de expulsar a un participante no caso de que toque en máis de 2 bandas, así coma ao(s) grupo(s) que se vexan afectado(s).

Todo grupo clasificado para a segunda fase e que confirmara a súa asistencia a batalla de grupos e que por causas non xustificadas non asista, quedará excluido durante as seguintes 3 edicións para participar en calquer evento organizado pola mesma asociación.

A organización non se fai cargo do desplazamento, estancia ou demáis gastos derivados nin dos compoñentes do grupo, nin dos seus acompañantes.

A participación neste concurso implica a aceptación da totalidade das bases.

Colaboradores