Acampada

A organización do TRECE ROEIS FEST 2019 ofrece a tódalas persoas asistentes ao festival zonas de acampada libre, cubertas e ao aire libre (ata cubrir todo o aforo), que contará con servizos, duchas e unha consigna para que todas as festivaleiras e festivaleiros que veñades gocedes dunha agradable estancia no pobo de Ferreira.

Para que poidamos ter unha previsión aproximada, agradecémosvos que se tedes pensado acampar, nolo contedes aquí: 

Zona 1 acampada

A(s) zona(s) de acampada do TRECE ROEIS FEST abrirá(n) o venres 16 ás 18h00 e pechará(n) o martes ás 12h00. 

A acampada está a 500 metros do Escenario Pepsi,Espazo Ribeira Sacra, e a 800m do Espazo 13Roeis Infantil. 

*No caso de que o requerise a situación habilitaríanse máis espazos.

Normas

  1. Prohíbese a venda ambulante ou accións similares, en todo o recinto habilitado para a acampada.
  2. Prohíbese acceder á zona de acampada con calquera utensilio ou máquina que poida xerar ou producir riscos de convivencia. A estes efectos considérase maquinaria perigosa, nociva ou molesta as seguintes que se enuncian: xeradores, planchas de cociña, neveiras, cociñas a gas, bombobas de gas, aparatos de música potentes, altavoces, platos de tocadiscos, amplificadores, pletinas, baterías ou similares.
  3. Queda prohibido abandonar ou tirar, fóra dos puntos do lixo, os envases e restos de bebidas e demais recipientes utilizados durante a acampada.
  4. A zona de acampada non conta con servizo de seguridade e vixilancia. A organización non se fai responsable polas perdas, danos ou roubos de pertenzas persoais que se poidan producir en dita zona.
Mobirise

TELÉFONOS DE INTERESE:

Garda Civil Ferreira:
982456053

Emerxencias:
112 

Mobirise