free bootstrap themes

GruposBatalla



Aamigafea.

Grupo musical multidisciplinar de Vigo, formado por dúas rapazas. Servíranse do seu característico sentido do humor e sensibilidade emocional para reflexionar sobre a vida contemporánea.

Mobirise



Bakarrá.

Banda, tamén de Vigo, integrada por 4 rapaces. Caracterizada por un estilo Punk-Garage que versa as súas cancións en galego. Un son frenético cargado de letras absurdas e humor, a súa fórmula perfecta.

Mobirise



Cabodano Metalcore.

Dende Sigüeiro (A Coruña), chega este grupo musical de 5 integrantes. Banda que xoga cunha voraz combinación de Metalcore con Riff, propios do Death Metal de Gotemborg e toques de Groove.

Mobirise



Enxeito.

Un animal que camiña sincronizando pisando no Rap, rascando nas melodías do Jazz e do Soul para acabar facendo de todo iso unha grande masa de Funk. Iso é Enxeito, a banda de Bueu composta por 5 integrantes.

Mobirise



Fabio Bum Rap.

Dende Compostela, con varios anos de recorrido ven Fabio e o seu corista e amigo Deivis. Xuntos poñerán, coa súa naturalidade un gran posta en escena, no ámbito de Hip Hop, concretamente do Rap.

Mobirise



Liberad al Kraken.

Banda que se formou a finais de 2017 en Vigo, como un proxecto distendido que acabou sendo algo moito máis serio. Ten con toques folk (sampler) e influencias moi variadas.

Mobirise



Tiam GZ.

Durante unha boa tarde de verán, nunha arroutada de raiba, naceu en Chantada este grupo de Rap. Con gañas e ilusión todo é posíbel, e eles disto teñen moitas gañas. Non deixan a ninguén indiferente.

Mobirise



Folkongrelos.

Formación musical nacida na escola de música de Chantada con 9 compoñentes. Banda de folclore galego, dotada de creacións propias con tradición cultural galega e algunha que outra versión.

Mobirise



Fora Ostias.

Facer ruído en galego en forma de Rock e tamén Punk, é un dos caracteres deste grupo musical de Entrimo (Ourense), formado por 4 compoñentes. Uns navegantes entre o respecto á tradición e o desexo de esnaquizala.

Mobirise



Impulsos Criminais.

Banda, integrada por 5 compoñentes, de Punk e Rock que xurdiu nos arredores de Amaía (Santiago de Compostela). Con unha curta traxectoria pero moi intensa, que compartiron escenario con bandas do panorama underground.

Mobirise



Los Jinetes del Trópico.

Formación musical de 3 compoñentes que chegan dende Monforte de Lemos. Caracterizados por un estilo de Cumbia, de Reggaeton antimachista, Reggae ou o Punk Tropical.

Mobirise



Maina Materia.

Voces, guitarras, percusións, teclados, composicións e arranxos, o claro definir deste grupo de 3 mulleres de Ferrol. Unhas cancións cunha poética íntima chea do sentir de muller.

Mobirise



Malasömbra.

Cunha ampla traxectoria, por toda a xeografía galega, chega, dende de A Coruña, está banda de música de 5 integrantes. Un claro estilo Heavy Metal, o que lle outorgou varios logros no panorama musical.

Mobirise



Mileth.

Trátase dun grupo musical de Vigo, composto por 8 músicos, que practica Metal Pagán Galaico, o que se ven a traducir como unha mestura entre Metal extremo, Folk e música tradicional galega.

Mobirise



Rebezo.

Na capital galega é onde nace este grupo conformado por 5 integrantes, que acostumaban a reunirse para improvisar e tocar xuntos, cando estudaban música. Son moi característico, Folk inclasificable.

Mobirise



Searas.

Un claro protagonismo da pandeireta con outros instrumentos, interpretando tradición galega e o mesmo mundo actual, xunto coas súas voces. Así é esta banda musical de Chantada, formada por 7 integrantes.

Mobirise
Mobirise