web templates free download

Bandas


A CADELA ASASINA

Óense ladridos en pleno corazón da Ribeira Sacra. Gaitas, bombo, pandeitera tamboril, voces... e violín. Grupo de xente nova con moitas gañas de facer país sen esquecer tradición, pero tampouco ancorándose a ela como algo inamovible.

Mobirise


COOLFLANDERS

Chegan dende a cidade do Cabe, unha banda onde conviven tres xéneros, Soul, Funk e Blues. Uns gran referentes na Ribeira Sacra, que xogan con obras coñecidas e descoñecidas, traéndoas ao seu terreo.

Mobirise


CUARTA XUSTA

Xurdiu apenas fai 3 anos, pero fixérono pisando forte. Grupo de Rock galego da contorna de Melide, que poñen son a reivindicación cantando nun idioma libre. Pondo de manifesto o abuso do poder, a corrupción e especialmente o machismo. Como ben di unha das suas canción “Querémonos Libres”.

Mobirise


DJ B. GONZÁLEZ

Conxugador de sons, detrás da súa consola, dende música “techno”, electrónica e outros xéneros. DJ nado na mesma contorna, que acolle o festival. Un toque final ao evento, onde flúe o intercambio de emocións entre a multitude e el mesmo.

Mobirise

 

HEREDEIROS DA CRUS

Son un auténtico furacán galego alá onde chegan. Abarrotan a máis grande das prazas. Un grupo de Rock & Roll fundado no ano 1992 en Ribeira, que traspasa o seu éxito a outros puntos da xeografía española. Na Ribeira Sacra, xa o saben, comezan a desanclarse as raíces soterradas do máis vello dos carballos, desbordan ríos e regatos e repican as campás da máis alta das torres do lugar. Xa perciben que veñen eles.... Os Heredeiros da Crus.

Mobirise


LOS ALCÁNTARA


Trasladarnos a música española dos anos 60 e 70 é posíbel da man de este grupo ferrolán. Capaces de levar ao seu terreo, Pop-Rock, calquera outro xénero musical. Se anhelas a revolución musical deses anos, non podes perderte a esta banda, cun estilo diferente.

Mobirise


OS PARENTES

Dende Sober, terra de bo viño, chega esta banda de música galega. Xurdiu na feira de Vilachá, nuns Cantos de Taberna, vai pra 5 anos aproximadamente. Interpretan cancións propias e doutros grupos, especialmente de Sandoval. Todas elas caracterizándose por humor galego e con certa crítica social.

Mobirise


ROSA CEDRÓN & EMILIO RÚA


Rosa Cedrón, nada na capital da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos, mostrou dende moi nova unha gran inquietude musical acompañando a súa voz do seu inseparábel violonchelo. Foi vocalista, durante uns nove anos, no grupo Luar na Lubre. Dende esas, emprendeu unha carreira en solitario contando, en reiteradas ocasións, con outr@s importantes músic@s galeg@s.

Emilio Rúa, cantautor ourensán, quen dende moi novo deu os seus pasos no mundo musical, nada máis e nada menos que dende os 5 anos. Caracterizando as cancións con un estilo moi persoal. Ademais levou a música en galego, tanto en solitario como acompañado da súa banda por diferentes lugares da xeografía española.

Ambos chegarán a Ferreira en formato dúo.

Mobirise


RUXE RUXE


Moitos din que o último grupo bravú.... Banda que se formou en Aríns (Santiago de Compostela). Unha actitude Punk-Rock onde conviven sons tradicionais galegos. Combinación perfecta de instrumentos eléctricos e elementos roqueiros xunto a outros máis tradicionais como a gaita. Un forte ruxir dun contido social coa poesía.

Mobirise


TRÓPICO DE GRELOS


Asociación cultural da capital Galega, composta por varias mozas e mozos. Uns amantes da percusión afrobrasileira. Culminan co seu característico pasarrúas, dando renda solta a súa pluralidade de proxectos musicais.

Mobirise


UXÍA LAMBONA & A BANDA MOLONA

Banda de música infantil coa finalidade de divertir aos máis cativ@s, facendo máis atractivo os temas tradicionais galegos. Unha combinación perfecta de estilos musicais de Rock e Hip-hop, con xogos, coreografías e outras sorpresas.

Mobirise
Mobirise